Os máis pequenos da casa poderán volver a participar un ano máis no xa tradicional certame de poesía infantil “Nadal 2020”, da Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro.
Este ano, terá lugar a montaxe na sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro dun Belén Hebreo a cargo de J. Antonio Davila, que permanecerá exposto dende o 16 de decembro de 2020 ó 14 de xaneiro de 2021 e que será inaugurado o mércores 16 de decembro ás 19:00 horas.
Da mesma maneira, como xa é tradición, a Asociación Albores será a encargada da decoración navideña do vestíbulo da Casa do Concello.
Ademais, hai outras citas que marcan a axenda deste Nadal en Monforte:
-Teatro para adultos, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, coa representación das seguintes obras:
- Curva España, da Compañía Chévere, o xoves 10 de decembro, ás 18 horas, no Edificio Multiusos.
- Poeta en Nova York, da Compañía Teatro Baixo da Auga, o xoves 17 de decembro, ás 18 horas, no Edificio Multiusos.
-Teatro afeccionado, dentro do Programa Circuíto Teatro Afeccionado-Ciclo Argalladas, que organiza o Concello en colaboración coa Deputación de Lugo- Vicepresidencia, coa representación das seguintes obras:
- As fillas de Eva, da Compañía Nova Escena Teatro, o domingo 13 de decembro, ás 20 horas, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
- Hotel Desencanto, da Compañía Hipócrita Teatro, o sábado 19 de decembro, ás 20 horas, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
-O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados-Praza de Abastos durante a mañá do xoves, 24 de decembro.
-Espectáculo para público infantil e familiar, coa representación da obra Animais de compañía, da Compañía Teatro do Noroeste. Será ás 18 horas o luns 28 de decembro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
-Espectáculo teatral para público familiar a cargo do actor Gabriel Prada, baixo o título de Quimera, o luns 4 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Lois Pereiro

Campaña virtual “Queres falar cos Reis Magos?”
Todos aqueles nenos e nenas que queiran recibir a chamada en directo dos Reis Magos, deberán ser inscritos polos seus pais no portal www.nadal2020.es, ou no teléfono 641 585 245, entre o 25 de novembro e o 29 de decembro.
Todos os nenos e nenas inscritos recibirán individualmente a chamada dos Reis Magos, que se levará a cabo entre o 30 de decembro e o 5 de xaneiro, nun día e hora acordados en cada caso.