HomeCulturaChantada acolle este xoves a proxección do filme “Nación”, de Margarita Ledo...

Chantada acolle este xoves a proxección do filme “Nación”, de Margarita Ledo Andión

O Auditorio de Chantada acollerá este xoves a proxección do filme “Nación” da cineasta Margarita Ledo Andión, unha longametraxe documental sobre a incorporación das mulleres ao traballo asalariado a partir da memoria das obreiras da fábrica de louza A Pontesa nos anos cincuenta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza a proxección da película, que se estreou en novembro pasado en festivais de cine, cunha gran acollida, e que ata agora só puido verse nas cidades de Pontevedra e Lugo.

“Tras a estrea do filme no Pazo de San Marcos, o 26 de novembro, continuamos coas proxeccións pola provincia, xenerando oportunidades para que as películas en galego cheguen ao público”, explicou Maite Ferreiro.

O acto comezará ás 19:45 horas coa presentación do filme por parte da directora que, tras o visionado, participará nun coloquio co público. A entrada será de balde, mais limitada a capacidade do espazo dacordo cos protocolos de prevención da Covid 19 polo que é preciso inscribirse previamente, no correo electrónico cultura@deputacionlugo.gal indicando nome e contacto das persoas asistentes.

ÚLTIMAS

O 12 de xaneiro abre o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia

A Deputación de Lugo abre o luns, 12 de xaneiro, o prazo para solicitar...

Chantada fai balance dun concorrido Nadal

O Concello de Chantada pechou esta programación de Nadal cun día especial que tivo...

O Concello de Taboada fai un chamamento para reunir fotos antigas

O Concello de Taboada está difundindo unha iniciativa para que lle chegue a toda...

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...