HomeCultura"Dorothé na vila" este sábado na Pobra do Brollón

“Dorothé na vila” este sábado na Pobra do Brollón

O ciclo de cinema galego da Pobra do Brollón comeza cun documental e taller sobre recollida de tradición musical.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dorothé na vila é un documentaldirixido por Alejandro Gándara e Olaia Tubío. Baséase na musicóloga suíza Dorothé Schubart, que investigou e fixo recollida en Galicia creando un dos cancioneiros máis importantes e recoñecidos.

A proxección comezará ás 19:00 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Despois, ofrecerase un obradoiro para aprender algunhas técnicas de recollida de tradición musical para que os asistentes poidan aplicalas. 

Esta actividade organízase en colaboración coa Escola de Música ‘Samoeiro’ coa idea de tratar de recuperar e poñer en valor parte da cultura musical tradicional da Pobra do Brollón. Será un obradoiro dinámico e orientado a todo tipo de público interesado. 

A participación é gratuíta, previa reserva. Debido ás restricións de capacidade por mor das medidas sanitarias, soamente quedan unhas poucas prazas libres. As reservas fanse por WhatsApp no teléfono 650 624 828.

O Ciclo de Cine Galego Actual é unha proposta de ocio cultural para decembro con tres películas que están de estrea neste 2020. Ademais de Dorothé na vila, inclúe as proxeccións de Reboiras. Acción e corazón (o domingo 20) e o novo filme de ZarauzaOns, que se proxectará o domingo 27. 

ÚLTIMAS

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...

Xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido

Arias participou na inauguración das xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido, onde...

O campo de fútbol da Pinguela estreou parasois no partido deste domingo

O Campo Municipal de Fútbol da Pinguela conta cunha bancada nun dos seus laterais....