HomeCultura"Hotel Desencanto" este sábado na casa da cultura de Monforte

“Hotel Desencanto” este sábado na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte acolle a estrea da obras do Ciclo “Táboas cheas de emoción” de teatro afeccionado, que organiza en colaboración coa da Deputación de Lugo-Vicepresidencia. Así, este sábado 19 de decembro a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá a representación desta obra a partir das 20.00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra dirixida a público adulto, “Hotel Desencanto” da compañía Hipócrita Teatro, representarase a partir das 20.00 horas.

A entrada é gratuíta e o aforo máximo será de entre 40 e 50 persoas, dependendo si veñen convivintes, segundo a normativa vixente para este tipo de espazos e actividades. A entrada do público ó salón da Casa da Cultura terá lugar media hora antes do inicio da obra (19:30 h).

Sinopse

O Hotel desencanto non é o mellor lugar para vivir situacións idílicas. Sen embargo, os seus hóspedes semellan ignoralo. Todos, ou case todos, chegan ó hotel co ánimo de gozar dunha estancia agradable. Lograrano?

Protocolo ante a Covid-19

Para o desenvolvemento deste ciclo de teatro que abranguerá de outubro a decembro do presente ano, o Concello de Monforte contará con medidas de seguridade e protección ante a Covid-19:

  • A capacidade do local dependerá da situación sanitaria no momento de cada actuación: nestes momentos o aforo máximo será de entre 40 e 50 persoas. 
    • A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación.
    • A entrada ó salón de actos realizarase dende trinta minutos antes do comezo da obra.
    • Será obrigatorio o uso de máscaras de protección e a utilización da solución hidroalcohólica para as mans.
    • Gardarase a distancia social de seguridade.
    • Non se tomará asento ata que o acomodador lle indique o seu sitio.  

ÚLTIMAS

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...

Dimite a concelleira de Igualdade de Monforte e a súa acta será asumida por Miguel Tomé, fillo do alcalde

A concelleira de Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López Rodríguez, presentou a súa...

Nova convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada

A convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada ten por obxecto beneficiar...

O presidente da Xunta reúnese co alcalde de Sober para valorar proxectos para o municipio

Ambos os mandatarios subliñan a importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos, especialmente...