HomeCulturaActividades virtuais todos os venres no Pazo de Tor

Actividades virtuais todos os venres no Pazo de Tor

A Rede Museística reforza a programación en liña para manter a súa actividade de difusión da arte e do patrimonio malia o peche ás visitas presenciais, seguindo as restricións anunciadas pola Xunta de Galiza ante o avance da pandemia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os museos provinciais inician este mércores, día 27, un proxecto pensado para todos os públicos con relatos mediados, ao vivo, a través dos seus perfís en Facebook. A proposta inclúe parladoiros, escape rooms, obradoiros e xogos que levarán ás usuarias e usuarios a coñecer as diferentes coleccións e salas dos museos.

As sesións programaranse todos os días ás 17.00 horas:

  • Os martes, xoves e sábados dende o Museo Provincial de Lugo.
  • Os mércores dende o Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo.
  • Os venres dende o Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos.
  • Os domingos dende o Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol.

A Rede Museística mantén a aposta por facilitar o acceso a contidos culturais, como ven facendo desde o pasado mes de marzo adaptando a súa actividade á normativa vixente en cada momento para previr os contaxios.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...