HomeCulturaO IES A Pinguela celebrou o Día da Muller e a Nena...

O IES A Pinguela celebrou o Día da Muller e a Nena na Ciencia

A conferencia levaba por título "Los astrocitos. Las estrellas subestimadas", campo de investigación de Elena Blanco Suárez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A científica, Elena Blanco-Suárez, Ph.D. Assistant Professor of Neuroscience na Thomas Jefferson University e Hospital for Neuroscience de Philadelphia (Estados Unidos) impartiu unha interesante videoconferencia ó alumnado de 2º de Bacharelato con Bioloxía do IES A Pinguela de Monforte.

A conferencia levaba por título “Los astrocitos. Las estrellas subestimadas”, campo de investigación de Elena Blanco Suárez. Centrou a conferencia no sistema nervioso central, as neuronas e as súas sinapsis, os astrocitos e as sinapsis, a maduración sináptica, a plasticidade cerebral e en como podemos usar os astrocitos na cura de enfermidades humanas coma traumatismos cerebrais ou ictus.

Falou tamén do papel das mulleres no mundo científico e da necesidade de darlles visibilidade, como con esta actividade celebrada o 11-F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021.

Ó remate, mantivo un diálogo co alumnado sobre a súa traxectoria desde que rematou Bioloxía na Universidade de Santiago. Elena, xa estivera cos alumnos deste centro, hai 3 anos, daquela desde a Salk Institute for Biological Studies de California.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...