HomeCulturaMostra didáctica en Bóveda do entroido tradicional galego

Mostra didáctica en Bóveda do entroido tradicional galego

Tras poñer en marcha o concurso de disfraces en liña, a Biblioteca Municipal de Bóveda elaborou unha exposición didáctica itinerante sobre o ‘Entroido Tradicional Galego’. Estes días exponse na Residencia para persoas con diversidade funcional e de aí pasará ao Centro Sociocultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra está composta por 16 paneis nos que se amosan e explican as festas do Entroido declaradas de Interese Turístico e algunha máis que aínda non tendo ese recoñecemento gozan de moi boa saúde na nosa Comarca, como son o Oso de Salcedo ou os Volantes de Chantada.

A exposición exhíbese na Residencia para persoas con diversidade funcional onde estará ata o día 18 de febreiro, data na que será trasladada ás instalacións do Centro Sociocultural do Concello de Bóveda. Alí  poderá ser visitada por todas as persoas que o desexen en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres e tamén os mércores pola tarde.

A axencia de lectura, recentemente galardoada co premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2020 polo seu proxecto de integración social: ‘Biblioteca Accesible’, continúa así con propostas de colaboración coas persoas que viven na Residencia e que teñen dificultades para acceder aos recursos culturais.

ÚLTIMAS

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...

O pleno de Monforte non aproba a petición de Esperta monforte para unha nova aula de 2º de primaria

A iniciativa pedía revisar a planificación deste curso e crear un novo grupo...

Comeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión de teatro profesional dentro das...