HomeCulturaQuiroga festexa o viño e o aceite

Quiroga festexa o viño e o aceite

Espectáculos de animación de rúa, exposicións, teatros, contacontos, bingos no Centro Social, andainas, e concursos de debuxo, fotografía, narración e xogos de busca con pistas serán a maioría das actividades que se ofertan neste meses de primavera.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Haberá dúas datas especiais que se celebrarán nestes meses. Unha delas a Feira do Viño e a outra a Mostra do Aceite. Ningunha delas se celebrará como se fixo tradicionalmente nesta época, pero haberá distintas actividades que servirán unhas para lembrar a Feira do Viño e outras para conmemorar a XX Mostra do Aceite de Quiroga. Tamén se conmemorará o Día das Letras Galegas e a Noite de San Xoán.

Cursos de limpeza industrial, estimulación cognitiva, tecido e macramé completan un programa que está suxeito a cambios ou supresión de actividades tendo en conta a situación da Covid-19 en cada momento.

Non se realizarán actividades que supoñan a xuntanza dun número importante de persoas. Nas que se realicen en interior manterase o límite de aforo permitido en cada momento.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...