HomeCulturaO trobador Martín de Padrozelos, protagonista dunha exposición en Sarria

O trobador Martín de Padrozelos, protagonista dunha exposición en Sarria

Ata o 21 de maio pódese ver na Antiga Prisión Preventiva de Sarria a exposición didáctica itinerante “De Amor e Amigo, as cantigas de Martín de Pradozelos”, que reúne as dez cantigas do trobador de Loúzara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición, feita no marco do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, foi organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) e inicia o seu periplo en Sarria, pero poderase ver nos seguintes concellos colaboradores: Láncara, Paradela, Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Portomarín e Pedrafita do Cebreiro.

Estará aberta, en horario de 10 a 14 horas de luns a venres, pero pódese concertar cita noutros horarios avisando antes por teléfono (982 53500 / 982 530668).

Martín de Padrozelos é, segundo os investigadores, un dos primeiros trobadores da lírica galega medieval. Orixinario de Lóuzara, Samos (onde se conserva a que foi a súa casa no lugar de Praducelos), viviu e escribiu entre os séculos XI e XII e deixou dez cantigas, nove de amigo e unha de amor.

ÚLTIMAS

Novas titulacións e formación para todas as idades na Aula Universitaria da UNED en Monforte

Integrada no Centro Asociado da UNED en Lugo, a Aula Universitaria da UNED en...

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...