HomeCulturaSarria abre este 21 de maio as proxeccións do documental "Xela Arias,...

Sarria abre este 21 de maio as proxeccións do documental “Xela Arias, poeta nas marxes”

A Xunta de Galicia dálle continuidade á homenaxe á autora anfitrioa das Letras Galegas 2021 ca iniciativa Xela Arias. Poeta nas marxes, un programa de proxeccións audiovisuais do documental homónimo dirixido por Beatriz Pereira arredor da escritora.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, o documental percorre a vida e obra da homenaxeada no día das Letras deste ano, deténdose en todas as arestas que fixeron de Xela Arias unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega.

As proxeccións, dirixidas a todos os públicos desde os 12 anos de idade, chegarán desde este mes ata outubro aos concellos de Sarria, Folgoso do Courel, Xinzo de Limia, A Pobra de Trives, Moaña, Tomiño, Marín, Ribeira, Melide, Lalín, Monforte de Lemos, O Pereiro de Aguiar, O Carballiño, Cabana de Bergantiños, Viveiro, Mondoñedo, Ferrol, Lobios, Vilalba, Ponteareas, Fene, Mazaricos, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Ordes, Sanxenxo e ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo, todos eles pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística. 

En Sarria a proxección farase este venres, 21 de maio, ás 19.30 e ás 20.00 na casa da cultura a onde se debe chamar para reservar praza. A seguinte proxección será en Folgoso do Courel, o 22 de maio ás 19.00, no salón de actos do edificio do concello.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...