HomeCulturaPresentación en Sarria do libro “Aquela nena de Sarria”

Presentación en Sarria do libro “Aquela nena de Sarria”

Será o luns 31 de maio na Biblioteca Municipal “Camilo Gonsar” ás 17:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co gallo do Día das Letras Galegas, o Colectivo Egeria vén de publicar o libro que se presenta en Sarria, “Aquela nena de Sarria”, e que versa sobre os anos sarriáns e lucenses de Xela Arias.

Esta obra forma parte do proxecto do mesmo nome, promovido polo Colectivo Egeria, co patrocinio da Xunta de Galicia, e a colaboración da Real Academia Galega e o Concello de Sarria. Este proxecto está composto por unha web, unha exposición itinerante que chegou e chegará a numerosas cidades e poboacións de Galicia, e un catálogo que recolle os contidos da exposición.

A OBRA

O libro, que amplía os contidos da exposición xunto con outras diversas informacións, segue a estrutura da mostra, e conta con poemas e debuxos de arredor de medio cento de estudantes dos institutos de Sarria –coordinados polos profesores Lola Chaos e Eduardo Rey–, poemas de autores sarriáns actuais e das escritoras “compañeiras de viaxe” de Xela, os primeiros traballos coñecidos da autora homenaxeada, colaboracións de Xaime Félix López Arias –que foi cronista de Sarria, gran amigo da familia– e Asunción Fernández Puentes (Siña), Directora do Colexio Fingoi. Recolle tamén textos de Avelino Pousa Antelo, Valentín Arias, Amparo Castaño, Lois Arias Castaño, Darío (o fillo de Xela) e once “vilariñas” dos poetas membros do colectivo Nova Poesía Guitírica, na honra de Xela.

Nas 184 páxinas desta obra, da que son responsables Antonio Giz e Xulio Xiz, teñen un especial papel as fotos da nenez de Xela facilitadas pola familia Arias-Castaño, en base ás que a pintora e profesora lucense Sabela Arias fixo unha serie de magníficas recreacións que lle dan ao libro e ao resto das accións deste proxecto un carácter esencialmente xuvenil, plenamente acorde con esta primeira etapa vital de Xela.

ÚLTIMAS

Presentación do poemario ‘Vestidos de organdí’ na librería Entre Libros de Monforte

A libraría Entre Libros de Monforte de Lemos acolle este venres 14 de novembro...

O BNG esixe actuacións urxentes para protexer a bacía do arrastre de cinzas dos incendios deste verán

A organización nacionalista reclama coordinación entre administracións para protexer a bacía e sinala que...

O PP lucense esíxelle ao Goberno de Sánchez “a rehabilitación integral da N-120 na provincia”

O PP esixe, unha vez máis, ao Goberno de Sánchez “actuar con urxencia” nos...

Chantada mellora a Fonte da Ponte

Co obxectivo de seguir mellorando esta infraestrutura o Concello de Chantada está xestionando coa...