HomeCultura‘Urdimbre, historia de una desaparición’, unha curtametraxe autóctona no Fancine 2021

‘Urdimbre, historia de una desaparición’, unha curtametraxe autóctona no Fancine 2021

O Festival de cine fantástico que terá lugar na capital da Ribeira Sacra do 21 ao 25 de xullo contará cunha curta rodada en Monforte e por un equipo cento por cento da Comarca de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

“Urdimbre, historia de una desaparición” é a historia de dúas persoas que sofren a desaparición dun ser querido. A curtametraxe narra o xeito de afrontar os primeiros intres da desaparición e de como o temperamento de cada un lévalles a comportarse de forma diferente nuns momentos nos que non sempre é doado manter a cabeza fría.

Este traballo audiovisual, dirixido por Rufo García, preséntase a este festival monfortino considerando este que é “un gran escaparate onde amosar as mellores curtas de cine fantástico do momento”. Coa presenza neste certame péchase así un ciclo na produción e publicación deste traballo con marcado ADN monfortino.

O DIRECTOR

Rufo García desenvolveu a súa actividade profesional vinculado ao son durante case vinte anos. No seu haber conta con tres películas, sete documentais, dúas series e seis curtametraxes.

Entre estos traballos atópanse os multipremiados documentais locais “Os días afogados” da produtora Amanita Films, “TEMPO”, dirixida por Manuel Valcárcel, e “¿Cuándo fue la última vez que te contaron un cuento?” de Némesis Audiovisuales.

Rufo traballou tamén como técnico na compañía “Teatro do Liló” dirixida polo actor monfortino que nos deixou en xaneiro de 2019, Mario Roldán, e durante todo este tempo veu compaxinando o son coa imaxe na realización de eventos deportivos, sociais e políticos.

Rufo García. Foro cedida polo fotografado.

ÚLTIMAS

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...

CCOO e Esperta Monforte denuncian que o concello contratara a “unha empresa pantasma” para o servizo de limpeza dos colexios públicos

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO Lemos ve con preocupación que a...

Adif remata un paso superior en Bóveda que permite eliminar tres pasos a nivel

A nova infraestrutura dá continuidade á estrada LU-P-2910, que comunica os núcleos de Bosende...

Representacións teatrais, un novo club de lectura e actividades nas parroquias para a programación do Outono Cultural de Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil vén de fai pública a súa programación cultural...