HomeCulturaTrece Roeis Fest o 21 de agosto con Sés de cabeza de...

Trece Roeis Fest o 21 de agosto con Sés de cabeza de cartel

Despois de meses de inactividade e moita incerteza por mor da pandemia da COVID-19, a organización decidiu facer festival adaptado aos novos tempos. Será o 21 de agosto en formato reducido.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Queda finalmente aprazado o gran salto de pasar a 2 días de festival con grandes novidades e máis actividades para 2022. “Este ano as condicións non se adaptaban para acometer semellante cambio,” aseguran desde a organización,

A Asociación Cultural “Os Trece Roeis” organizará o festival este ano adaptado á nova normalidade. Será un formato moi limitado, onde haberá menos actividades, pola situación actual, pero que busca prender de novo a chama para que o ano que vén volva por todo o alto con todo o formato.

As actuacións da noite serán con acceso limitado, previa adquisición de entrada, cumprindo así cos protocolos vixentes da Xunta de Galicia. Seguirá sendo un festival que aposte pola música en galego e os grupos locais da Ribeira Sacra. Nos vindeiros días anunciarase o cartel completo do festival deste ano.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...