HomeCultura“Kinetiko de Xira Paus” desde o día 4 en Quiroga

“Kinetiko de Xira Paus” desde o día 4 en Quiroga

Xira Paus é un proxecto de Manu Taboada (fabricante de xoguetes da Chintofanería) e Ero Vázquez (titiriteiro e artesán de Trécola) que xurdiu co propósito de dar a coñecer e poñer en valor o universo dos autómatas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición que se pode ver na Sala de Exposicións Manuel María do Concello de Quiroga, mostra personaxes musicais que a partir de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal. Bonecos que se moven e andan sós, un teatrillo de monicreque automatizado homenaxe do tradicional monicreque de cachiporra, diferentes efectos especiais recorrentes no teatro… 

A idea desta exposición é que os asistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan. 

A mostra patrocinada pola Área de Cultura da Deputación Provincial, poderase visitar entre as 12:00h e as 14:00 h  e entre as 18:00h e as 20:00 h.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...