HomeCulturaA Orquestra de Cámara Galega este domingo no Multiusos de Monforte

A Orquestra de Cámara Galega este domingo no Multiusos de Monforte

O Concello de Monforte de Lemos abre a programación cultural do mes de outubro coa actuación da Orquestra de Cámara Galega, este domingo 3 de outubro ás 20:00 h e no Edificio Multiusos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este espectáculo, organizado e programado polo Concello de Monforte de Lemos, enmárcase dentro das actuacións do Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración da Sociedad Filarmónica de Monforte. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación. A entrada ó salón de actos realizarase ás 19:30 h e a entrega das invitacións será dende as 19:00 h.

A Orquestra de Cámara Galega (OCGa) é unha orquestra de cámara fundada en 1995 na cidade da Coruña. Está dirixida dende a súa creación polo violinista Rogelio Groba Otero, que realiza tamén a función de concertino.

A OCGa naceu en 1995 grazas á inquietude dun grupo de músicos galegos formados no Conservatorio Superior de Música da Coruña e en diversos conservatorios europeos, encabezados polos irmáns Rogelio e Clara Groba Otero. A Orquestra de Cámara Galega en Monforte interpretará pezas musicais de K. Stamitz, J.S. Bach, R. Groba e L. Boccherini.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...