HomeCulturaO Apalpador non falla á súa cita en Monforte

O Apalpador non falla á súa cita en Monforte

Mañá venres 24 de decembro percorrerá as rúas da cidade dende as 11 da mañá e as nenas e nenos da cidade poderán velo, escoitar os seus contos e trasladarlle os seus desexos para este Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Apalpador, mítico personaxe da tradición popular galega, naceu no Courel, baixa cada ano das montañas polas festas do Nadal. Como todos e todas sabedes é mangallón, bo, xeneroso, de mirada doce e longas barbas rubias. Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, da caza de xabaríns, recolle mel e fai aparecer coas polas das árbores os xoguetes que as madeiras esconden.

O Apalpador, ‘Caramulo’ e dous acompñantes músicos (2020) / XMF

Na mañá do 24 de decembro percorrerá as rúas de Monforte co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, as rúas da cidade de Monforte, para apalpar as barrigas dos máis pequenos da casa.

Na súa visita a Monforte, o Apalpador virá acompañado de ‘Caramulo’ e dun amigo seu, Servando Barreiro, que lle poñerá música á ruada.

Esta actividade é habitual dende hai uns anos grazas á inciativa da Concellería de Cultura do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...