HomeCulturaInaugurada en Sober a mostra fotográfica "Express-Arte. 15 Visións"

Inaugurada en Sober a mostra fotográfica “Express-Arte. 15 Visións”

As quince fotografías que se mostran foron realizadas dende un programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero e impulsadas pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL)

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este programa de inserción laboral buscou fomentar o empoderamento das mulleres, facilitar o seu coñecemento sobre o mundo empresarial, mostrarlles as posibilidades do autoemprego, e desenvolver as capacidades e potencialidades das participantes.

A mostra foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia dentro do programa de actividades que ofertan ás entidades locais en colaboración coa FEGAMP.

Poderá visitarse na Casa da Cultura de Sober ata o día 6 de febreiro en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas de lunes a venres.

Express-Arte. 15 Visións / concello de Sober

ÚLTIMAS

Prodeme e CAPD de Sarria na 30º edición dos Xogos Autonómicos de Baloncesto de Special Olympics Galicia

A 30º edición dos Xogos Autonómicos de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual organizados...

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...