HomeCulturaDo 21 de abril ao 11 de maio celebrarase o XXIX Certame...

Do 21 de abril ao 11 de maio celebrarase o XXIX Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte

O Concello de Monforte, a través da súa Concellería de Cultura, convoca o XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte. O Certame seguirá a normativa sanitaria que haxa no momento da realización das representacións, que terán lugar na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No certame poderán participar todos os centros de ensino de Monforte de Lemos representando unha soa obra de teatro; así mesmo tamén poderán participar como invitados outras asociacións ou colectivos locais despois da correspondente petición e da aceptación por parte da Concellería de Cultura.

As solicitudes de inscrición para a participación no certame poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O derradeiro día para realizar a inscrición é o 23 de marzo.

A documentación que haberá que presentar é título da obra, autor, reparto, nome do director ou directora, sinopse e duración da mesma. As obras que representen os centros de ensino terán unha duración mínima de media hora e deberán ser estreadas no certame.

XXIX Certame Municipal de Teatro

As datas da posta en escena de cada unha das obras que se presenten, serán determinadas pola Delegación Municipal de Cultura e os centros de ensino nunha reunión o 23 de marzo no Concello de Monforte de Lemos, ás 12:00 horas.

En todo caso, todas as representacións das obras de teatro terán lugar no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, sempre en horario de 20:00 horas.

O Concello colaborará cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros. Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 18 de maio ás 18:00 h.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...