HomeCultura‘Libre coma os paxaros’ en Sarria e na Pobra do Brollón

‘Libre coma os paxaros’ en Sarria e na Pobra do Brollón

Teatro do Atlántico leva a Rosalía do Castro á Casa da Cultura da Pobra do Brollón este domingo, dous días antes a cita será en Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura de Sarria acolle este venres, 11 de marzo, ás 20.00 horas, a representación da obra “Libre coma os paxaros”, dentro do programación impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para poñer en valor a figura e obra da poeta coa colaboración de concellos e asociacións.

O domingo, 13 de marzo, a partires das 19.00h, a cita será na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón, onde a actriz María Barcala interpreta a Rosalía de Castro nunha obra baseada nos textos da poeta e dirixida por Xúlio Lago.

O espectáculo é da consolidada compañía Teatro do Atlántico, en coprodución co Padroado da Cultura do Concello de Narón. A obra chega á Pobra do Brollón grazas á área de cultura da Deputación de Lugo. O acceso é de balde, previa reserva no teléfono 650 624 828.

ÚLTIMAS

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...