HomeCulturaDo 27 de abril ao 12 de maio XXIX Certame Municipal de...

Do 27 de abril ao 12 de maio XXIX Certame Municipal de Teatro para centro de ensino de Monforte

No Certame representaranse 7 obras de teatro, do 26 de abril ó 12 de maio de 2022. Todas as pezas escenificaranse ás 8 da tarde no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, e seguindo a normativa sanitaria que haxa no momento da realización das representacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A axenda do XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte é a seguinte:

  • CEE  Infanta Elena, coa obra “Los sueños de Cloti”, o mércores 27 abril de 2022.
  • Colexio Ferroviario, coa obra “A estatua”, que se representará o martes 29 abril de 2022.
  • CEIP A Gándara, coa obra “O testamento do tío Nacho”, o venres 6 de maio de 2022.
  • CEIP de Monforte, coa obra “Vida e cores”, o luns 9 maio de 2022.
  • IES Río Cabe, coa obra “O soño do Novelo nunha noite de verán”, o martes 10 maio de 2022.
  • IES A Pinguela, coa obra “A rateira”, o mércores 11 maio de 2022.
  • Prodeme (asociación convidada), coa obra “Néboa no bigote”, o xoves 12 de maio.

O Concello colaborará cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros. Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 18 de maio ás 18:00 h.

ÚLTIMAS

Mellora de camiños rurais en Quiroga grazas ao parque móbil da Deputación

Os traballos incluiron o asfaltado e acondicionamento do firme en puntos como Bustelo de...

“O folclore como sinal de identidade do pobo”, Faladoiro deste 28 de maio en Quiroga

Aproveitando que maio é o mes das Letras Galegas, e que este ano están...

Un ‘Roteiro Fiz Vergara Vilariño’ especial para gozar dun percorrido mellorado e con restauracións artísticas

Este sábado 31 de maio de 2025 terá lugar na Lóuzara Xabreira de Fiz...

A Copa de España de Descenso chega esta fin de semana ao Páramo coa disputa do BTT DH Molinos

Este luns pola tarde presentouse o BTT DH Molinos, co aliciente engadido de formar...