HomeCulturaFrancisco Rodríguez presenta no Centro do Viño de Monforte o seu libro...

Francisco Rodríguez presenta no Centro do Viño de Monforte o seu libro sobre “o reino de Galiza”

A asociación cultural A Xacia organiza este xoves, 28 de abril, ás 19:30 horas no Centro do Viño da Ribeira Sacra a presentación do novo libro de Francisco Rodríguez: “Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza (a segunda metade do século XIV) A relevancia do Reino de Galiza”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O libro, editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa colaboración da Fundación Galiza Sempre, percorre a etapa medieval do reino de Galiza chea de normalidade e esplendor.

A través de máis de 500 páxinas pretende dar luz sobre o noso pasado medieval e reivindicar o Reino de Galiza como reino primixenio polo que se conformou España e sacalo a luz do seu ocultamento histórico e a negación da súa identidade. Una negación que oculta os máis de  150 anos de esplendor do Reino de Galiza.

Francisco Rodríguez estará acompañado pola politóloga, Rosana Prieto Florines, vicepresidenta da Asociación Cultural A Xacia, que presentará o acto que rematará cun coloquio entre os asistentes.

Francisco Rodríguez

Francisco Rodríguez é licenciado e doutor en Filoloxía Hispánica e catedrático de literatura en instituto e un dos maiores expertos na figura de Rosalía de Castro. Militante no nacionalismo galego, foi deputado polo BNG no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados.

ÚLTIMAS

A mostra expandida “Un cadro nun lugar” amosa en empresas e institucións da Ribeira Sacra a pintura de Manuel Jorge

A mostra expandida, "Un cadro nun lugar", implica a cesión en déposito de cadros...

Concentración o 28 de outubro ás 12:00 diante do Hospital de Monforte

Os nacionalistas demandan que se dote de persoal e medios humanos suficientes o centro...

O BNG de Quiroga anima as redes sociais co concurso “Celebrando a Castelao”

O BNG de Quiroga, continuando coa celebración do 75 cabodano do falecemento de Castelao,...

Esperta Monforte leva a pleno traballar cara unha “cidade 30”

O límite de velocidade de 30Km/h, nas rúas dun carril por sentido de circulación...