HomeCulturaSober presenta o día 27 de xuño o proxecto "Inmarcesibles"

Sober presenta o día 27 de xuño o proxecto “Inmarcesibles”

Para o proxecto Inmarcesibles, unha exposición fotográfica sobre a beleza real feminina, contouse coa participación libre de diversas mulleres que quixeron mostrarse tal e como son, defendendo todo tipo de corpos femininos e reivindicando a súa aceptación. A presentación será no Centro Sociocultural con entrada libre ás 20:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con este proxecto o Goberno local afonda nas actividades a prol da igualdade e pretende realzar a auténtica beleza, mostrando o sexo feminino tal é como é e non como pretenden que sexa.

“Queremos que aquilo que a nosa sociedade ve e transmite como defectos e complexos se perciba como o que verdadeiramente é, o corpo de todas as mulleres, a súa realidade”, explican desde o Concello.

Inmarcesibles invita a reflexionar sobre a exclusión invisible que experimenta o sexo feminino cando falamos do seu físico. Exclusión porque nos ensinan que o corpo da muller debe ser o máis parecido posible ao canon de beleza establecido, loitando para conseguir encaixar neses parámetros e rexeitando se non o logran; e invisible porque dita ensinanza non se transmite de forma directa, pois é silenciosa e sutil, maquillándose baixo a premisa de que a muller debe ser libre e ha de estar preocupada por unha axeitada saúde física e mental.

“Con este proxecto non queremos manifestar que ser e estar guapa é malo e prexudicial, senón que o é a obriga de ter que estalo”, precisan.

Agradecemento ás participantes

O Concello de Sober contou coa participación libre e desinteresada de diversas mulleres que quixeron mostrarse tal e como son, defendendo todo tipo de corpos femininos e reivindicando a súa aceptación.

Esta actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, dentro das transferencias para o desenvolvemento de novas e ampliadas competencias reservadas as entidades locais no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e a súa planificación e elaboración executouse dende os Servizos Sociais do Concello de Sober coa colaboración da fotógrafa, María Fernández. A mostra poderase visitar no Centro Sociocultural de Sober ao longo de varias semanas.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...