HomeCulturaTaboada acolle o 16 de xullo o III Encontro Nacional de Festas...

Taboada acolle o 16 de xullo o III Encontro Nacional de Festas Tradicionais con Lume

Na presentación do acto, que tivo lugar no local social da parroquia de Castelo, participaron o Alcalde, Ramiro Moure, eo presidente da Asociación Cultural As Fachas, Manuel Fidalgo, e a Deputada, Pilar García Porto, entre outras autoridades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Taboada acollerá o vindeiro sábado, 16 de xullo, o III Encontro Nacional das Festas Tradicionais con Lume, grazas á Queima das Fachas que está declarada de Interese Cultural. A cita que leva dous anos sen celebrarse pola pandemia e que ten como data tradicional a noite do 7 ao 8 de setembro no castro de Castelo, é un dos referentes das celebracións ao redor do patrimonio inmaterial na Ribeira Sacra

Na cita participarán representantes de Mayorga (Valladolid), Jarandilla de la Vera (Cáceres), Nava del Rey (Valladolid), Casarabonela (Málaga), San Esteban del Valle (Ávila), Zalamea la Real (Huelva), Castro Caldelas (Ourense), Vilelos (O Saviñao) e Castelo (Taboada).

A Deputación colabora cunha achega de 7.623€ que servirán para a contratación do concerto do grupo folk Os D’Abaixo. “Dende a Deputación de Lugo amosamos o noso compromiso e o noso apoio a esta festa, como facemos coa Queima das Fachas, polo que representa a nivel turístico, cultural e etnográfico”.

Encontro Nacional Festas do Lume / Deputación Provincial

García Porto enxalzou que este ano Taboada sexa sede do Encontro Nacional das Festas Tradicionais con Lume. “Teremos a oportunidade de amosar ao resto do país toda a nosa riqueza cultural e o noso carácter acolledor, porque recibiremos moita xente doutras comunidades autónomas”. Engadiu que “este é o tipo de eventos que dinamiza social e economicamente á comarca, e que encaixa á perfección co modelo de turismo que impulsamos desde a Deputación de Lugo, un turismo de calidade, de experiencias, non masificado, de proximidade e sostible, que deixa un alto valor no territorio”.

Programación

Salón de Actos do Antigo Cuartel de Castelo:

  • 11:00 horas. Acto de apertura
  • 11:30 horas. Conferencia inaugural A tradición como reclamo turístico. Catalogación das festas tradicionais a cargo do antropólogo José Manuel Rodríguez
  • 13.00 horas. Mesa redonda Festas tradicionais con lume. Salvagarda e futuro na que participarán representantes das diferentes celebracións polo territorio nacional.

Castro de Castelo:

  • 15:00 horas. Xantar
  • 18:00 horas. Representación Folión de Carros e Entroido Ribeirao
  • 19:00 horas. Proxección audiovisual das festas participantes
  • 22:30 horas. Recreación das festas tradicionais con lume
  • 00:00 horas. Concerto do grupo de folk Os D’Abaixo

Casa-Escola de Castelo:

  • Todo o día. Exposición Festas tradicionais con lume da Península Ibérica

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...