HomeCultura'Grupos de Monforte. Concertos na rúa', ciclo pensado para visibilizar os músicos...

‘Grupos de Monforte. Concertos na rúa’, ciclo pensado para visibilizar os músicos locais

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o responsable de MusicSoft, Alberto Espín, reuniuse cos grupos musicais monfortinos para concretar detalles dun ciclo que pretende poñer en valor o talento musical dos grupos locais ofrecendo concertos en diferentes escenarios da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado xoves, 28 de xullo, déronse cita no Salón de Plenos do Concello de Monforte representantes dos grupos musicais que protagonizarán o ciclo “Grupos de Monforte. Concertos na rúa”, un novidoso programa de actuacións que se desenvolverá nos meses de agosto e setembro. Na reunión estaba o Alcalde, José Tomé, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o produtor Alberto Espín, que será o encargado de poñer a produción para todos e cada un dos concertos. Este ciclo, no que participarán todas as formacións musicais actuais que están en activo é, en verbas do Alcalde, “unha aposta decidida do Concello por dar visibilidade e poñer en valor ós nosos grupos musicais da cidade”.

A xuntanza serviu para que José Tomé explicara aos asistentes os últimos detalles deste programa de actuacións, incluído no Verán Cultural de Monforte, que terá lugar en 3 espazos da cidade, como son a praza de España, a zona da Compañía e a praza da Estación, e anuncioulles “que contarán cunha boa produción para que as súas composicións soen coa calidade profesional que merecen”.

Este ciclo de concertos é “unha aposta decidida do Concello de Monforte polos grupos monfortinos, para dar a coñecer a súa creatividade e as súas propostas en diferentes estilos musicais tanto aos nosos veciños como ás persoas que nos visitan”, sinalou o Alcalde.

Neste senso, os representantes dos diferentes grupos agradeceron ao Alcalde a iniciativa “porque dá visibilidade ós grupos da cidade, moitos dos cales non son coñecidos polos propios monfortinos”.

CALENDARIO DE CONCERTOS

O Alcalde sinalou que por un imprevisto de última hora, o grupo The Poet Silence, que tiña prevista a súa actuación o xoves 1 de setembro na praza da Estación, finalmente non poderá actuar e o seu substituto será o grupo Bella Chaos.

O programa de concertos, todos gratuítos para o público asistente, é o seguinte:

Luns 8 de agosto: CERO2CERO na Zona Compañía ás 22:30h

Luns 8 de agosto: COOL FLANDERS na Zona Compañía ás 00:00h

Martes 9 de agosto: LOS JINETES DEL TRÓPICO na Praza de España ás 23:00h

Martes 23 de agosto: DINOSAURIOS na Praza da Estación ás 22:30h

Martes 23 de agosto: DOC MAGOO’S na Praza da Estación ás 00:00h

Mércores 24 de agosto: PENNY LANE na Zona Compañía ás 22:30h

Mércores 24 de agosto: MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES na Zona Compañía ás 00:00h

Xoves 1 de setembro: BELLA CHAOS na Praza da Estación ás 23:00h

Venres 2 de setembro: AD HEIRA LITI na Praza de España ás 22:30h

Venres 2 de setembro: DELOREANS na Praza de España ás 00:00h

ÚLTIMAS

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...

O luns, 8 de xuño, ábrese o prazo de matrícula para os Campamentos Deportivos de Verán en Monforte

O concello de Monforte publicou esta semana as listas de persoas admitidas nas actividades...

O BNG solicita revisar a autorización de Patrimonio para a nova ponte do Cabe

Segundo explicou o deputado do BNG, Iago Suárez Fernández, o proxecto previsto suporía unha...

Os Lactouros presumen de ‘navalla micolóxica personalizada’

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de presentar unha edición especial de navallas micolóxicas...