HomeCulturaPeruchela Edicións presenta “As Cinzas do Mencer" este venres no Ateneo Casino

Peruchela Edicións presenta “As Cinzas do Mencer” este venres no Ateneo Casino

Peruchela Edicións organiza, en colaboración co Ateneo Casino de Monforte de Lemos, a presentación, o próximo venres 19 de agosto ás 20:30 h, do libro de poemas "As Cinzas do Mencer". Será a estrea da voz poética de Gabriel Castro Vidal escritor de 28 anos procedente da Terra de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“As Cinzas do Mencer” é unha poesía marcadamente galega con páxinas
adicadas á contemplación e interacción cunha natureza dinámica, case perfectamente superpoñible coa Physis total da que falaban os gregos.

Conta ademáis a obra con tres poemas adicados a tres dos corpos fluviais que integran a Ribeira Sacra, concretamente: o Sil, o Miño e o Loio.

A mirada serena do autor penetra nunha multitude de escenarios protagonizados por forzas alleas ao poder humano para transmitir con agudeza o xerme primixenio do misticismo pagán, no senso da percepción transcendente da forza e antigüidade presentes nos ciclos naturais.

Co decorrer das páxinas, As Cinzas do Mencer levaranos amigablemente da man polo mundo do poeta, tanto pola tanxente interna das reflexións e inquedanzas, como pola tanxente externa da contemplación abraiada de Galiza e os seus entornos.

Peruchela Edicións é unha editorial independente que nace en paralelo á Librería Pelayo de Monforte para apoiar, poñer en valor e visibilizar a obra de creadoras e creadores de Lemos e contorna.

Librería Pelayo de Monforte / XdL

ÚLTIMAS

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...

104.000€ para a estrada provincial en Pantón que vai de Següín aos Peares por Pombeiro

O proxecto do que se encargará a empresa OPAGA 003 SL, inclúe a rehabilitación...

Máis de 230 persoas participan o 15 de marzo no V Xacorun Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, interviu na presentación da proba xunto con...