HomeCulturaFestival de Bandas de Música en Chantada e Baile á Luz da...

Festival de Bandas de Música en Chantada e Baile á Luz da Lúa en Sober

Chantada acolle o 28 de agosto o XXXI Festival de Bandas de Música de Chantada, cita na que estrearase o pasodobre dedicado a D. Antonio Serafín Ledo Palacios, “O Rato”, Presidente de Honra da Banda. E a música será protagonista en Sober este venres co Baile á Luz da Lúa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No marco do XXXI Festival de Bandas de Música de Chantada que se celebra o vindeiro domingo, día 28 de agosto, a Banda de Música de Chantada vai estrear o pasodobre dedicado a D. Antonio Serafín Ledo Palacios, “O Rato”, Presidente de Honra da Banda, e músico durante máis de medio século da mesma.

Encargado ao compositor, Juan Lois Diéguez, este pasodobre “é unha homenaxe e recoñecemento a unha persoa que é auténtico exemplo de compromiso e de paixón pola música e a Banda de Música de Chantada”, aseguran desde a Banda de Música.

Baile á luz da lúa

O Concello de Sober recupera este ano a súa tradicional cita co Baile á Luz da Lúa, que o pasado ano só se puido celebrar como concerto debido á pandemia. A Banda de Música de Sober será a encargada de amenizar o baile a partir das 22:30 horas do venres na Praza do Toural.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...