HomeCulturaArs Combinatoria e Treixadura na 50 Noite Meiga de Sarria

Ars Combinatoria e Treixadura na 50 Noite Meiga de Sarria

Os concertos de Ars Combinatoria e de Treixadura os días 25 e 25 de agosto en Sarria forman parte da programación da Noite Meiga que se celebra desde este martes e ata o domingo na localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ars Combinatoria actuará o mércores a partir das 20.00 horas na igrexa de Santa Mariña, cun repertorio das Cantigas de Santa María de Alfonso X O Sabio.

Haberá outra oportunidade de desfrutar desta actuación en Triacastela, o sábado 27 a partir das 18.00 horas na igrexa de Santiago. Os concertos enmárcanse nun convenio da Xunta coa Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés.

Pola súa banda, o ciclo Concertos do Xacobeo recala en Sarria coa actuación de Treixadura, o xoves ás 21.30 horas na Praza da Vila.

A Noite Meiga de Sarria é unha iniciativa da Asociación Cultural Meigas e Trasgos, que ten como xornada central a noite do último sábado de agosto.

ÚLTIMAS

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...