HomeCultura“Cociña Histórica Sefardí”, a exposición na Casa da Cultura de Monforte

“Cociña Histórica Sefardí”, a exposición na Casa da Cultura de Monforte

"Cociña Histórica Sefardí", consta de 27 láminas informativas de 115x62 cm. e vai acompañada dunha aplicación web que traduce os textos de cada lámina, que poden lerse ou escoitarse en audio. A exposición permanecerá aberta na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro do ata o 4 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición está promovida pola Red de Juderías de España, Caminos de Sefarad, coa colaboración do concello. “Con esta exposición de fotografías e paneis”, destacou José Tomé Roca, “propoñemos unha viaxe no tempo para coñecer a historia da gastronomía xudioespañola e para elo tomamos coma referencia o libro Sabores de Sefarad escrito por Javier Zafra”.

A cociña sefardí é diaspórica e foi asimilando a maneira de guisar e os alimentos das civilizacións peninsulares coas que conviviu: dende os fenicios, unha cociña mariñeira, a «Tétrada Íbera», a «Tríada Mediterránea» da tradición grecorromana e a “Revolución Verde Andalusí”, onde a cociña evolucionou ata converterse en gastronomía.

Tras a expulsión en 1492, a influencia viría da cociña arabizada do Imperio Otomán e doutras comunidades xudías do Mediterráneo. A Red de Juderías de España, no seu labor de investigación, recuperación, divulgación e promoción da cultura sefardí, desenvolveu esta mostra dedicada á gastronomía histórica sefardí, entre cuxos obxectivos está non só o dispoñer dunha fonte contrastada e documentada sobre todos os aspectos da cociña: os ingredientes, receitas, usos e normas e características desta cociña, senón especialmente en como difundila para que coñezamos as conexións e volva a entrar nas nosas cociñas, recoñecendo as peculiaridades desta cociña e desta cultura

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...