HomeCulturaOs Camiños de Santiago na provincia de Lugo este sábado na 2...

Os Camiños de Santiago na provincia de Lugo este sábado na 2 de TVE

A produción, dirixida polo lucense Jaime Pardo Valdés, emitirase dentro da programación matinal na canle de La 2 da TVE, ás 12 da mañá. Será a primeira emisión da producción que pasará a formar parte por un período de tres anos da grella da cadea pública para vindeiras difusións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 3 de decembro, na Televisión Española estréase, 820 Km. Las siete vías de peregrinación por la provincia de Lugo, un documental impulsado pola Deputación Provincial para dar a coñecer a riqueza e os recursos turísticos da provincia, a que conta cun maior número de quilómetros de rutas xacobeas de toda España.

A través de 820 km de peregrinación, o historiador e arqueólogo Javier Gómez Vila e o fotógrafo Xosé Reigosa convidan a percorrer o rico e variado patrimonio dos camiños lucenses a través das súas xentes e as súas paisaxes. Ademais de pasar polas rutas declaradas Patrimonio da Humanidade -o Camiño Francés, o do Norte e o Primitivo-, ou polo Camiño de Inverno, os protagonistas amosan na súa viaxe outras rutas que aspiran ao recoñecemento oficial de vías de peregrinación a Santiago, como son a Vía Künig, o Camiño do Mar, e a Vía Regia.

O documental sobre os Camiños de Santiago forma parte dunha serie de tres producións audiovisuais, cunha duración de 50 minutos cada unha, impulsadas pola Deputación co obxectivo de promocionar a provincia. A gastronomía na provincia de Lugo, coa presenza de profesionales da Asociación de Cociñeiros da Provincia; e Rutas científicas pola provincia de Lugo, que percorre a Serra do Xistral, o Xeoparque Montañas do Courel ou as xeorrutas pola costa Cantábrica, son as temáticas dos outros dous traballos audiovisuais que se emitirán na televisión pública.

ÚLTIMAS

Bóveda mellora a eficiencia enerxética en instalacións municipais

Acometéronse dúas actuacións diferenciadas. Por un lado, levouse a cabo a mellora da eficiencia...

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...