HomeCulturaO monfortino Antón Lopo faise co Fiz Vergara Vilariño

O monfortino Antón Lopo faise co Fiz Vergara Vilariño

O escritor, xornalista e actor Antón Lopo gaña a XXII edición do certame de poesía Fiz Vergara Vilarino, que promoven a Agrupación Cultural Ergueitas e o Concello de Sarria en lembranza do autor de Santalla de Lóuzara, Samos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xurado desta edición do Premio deliberou antes do ditame de xeito telemático para decidir, por unanimidade, que a obra gañadora era “Terminalidade”, presentada polo polifacético Antón Lopo.

Compoñían o xurado Olalla Cociña Lozano, Ismael Ramos Castelo e Xosé Luís Mosquera Camba, actuando como secretaria a presidenta da A.C. Ergueitas, María Casar Díaz e como presidenta a Concelleira de Cultura de Sarria, Reyes Abella García.

No ditame do xurado recóllese que, “A obra destaca pola súa ambición temática, que vai desde a dureza dos coidados á nai anciá á reivindicación de todo tipo de relacións afectivas, salferida dun hedonismo vital e lingüístico. Irónico, autoconfesional, brutal, este poemario pón de relevo unha voz ousada que se busca nunha xeografía global para chegar a un “azul Monforte” en plena madurez sensitiva. A voz poética, por momentos teatral, derruba as fronteiras entre os xéneros literarios baixo unha aparencia de diario ou crónica dotando dun novo alento o verso longo.”

O xurado quixo destacar a enorme calidade de varias das obras que chegaron ao debate final, nomeadamente os libros presentados baixo os lemas Pantera, A inmensidade e Roteiro, entre os case 70 traballos en lingua galega que chegaron a esta edición.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...