HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónAndainas de outono na Pobra do Brollón

Andainas de outono na Pobra do Brollón

Publicado o

- Advertisement -

Todos os domingos dende o 21 de outubro ata o 2 de decembro celebrarase, no Concello da Pobra do Brollón, un ciclo de andainas de outono baixo a nomenclatura de “Da man de…”.

Este ciclo de paseos, que foron propostos polos veciños que á súa vez farán de anfitrións, están orientados a un público familiar. Durante o seu transcurso visitaranse lugares emblemáticos do concello á par que se visitarán zonas menos coñecidas da zona guímara.

Todos os roteiros darán comezo ás 10:00 horas e percorrerán 10 quilómetros. Os interesados deberán de anotarse previamente chamando ó número 666.43.58.32. O prezo desta actividade é de 5 euros por persoa.

andainas

  • 21/10: Andaina do San Vitorio da man de Hortensia. Ó fin da mesma, celebrarase un taquete no lugar.
  • 28/10: Ruta poética por Vilarmao da man de Olga Novo. Ao seu fin, haberá foliada e pinchos na aira da Casa do Pescado.
  • 4/11: Ruta da Castaña e do mel da man de Felipe Castro que rematará a súa ruta cun magosto en Paramedela.
  • 11/11: Celebrarase a andaina O Inverno do Eirexalva da man de Xurxo Ayán. Para rematar a xornada, celebrarase un taquete campestre.
  • 18/11: a ruta Pegadas do tempo na Ferreirúa da man de Noelia do Castor, e tamén, para finalizar, celebrarase un taquete campestre.
  • 25/11: será o día que se realice a Ruta Vilachá-Augasmestas da man de Puri de Vilachá. Ao rematar poderanse degustar uns petiscos nas adegas deste lugar.
  • 2/12: este último roteiro terá de base o Camiño de Inverno: Lor-Castro de San  Lourenzo. Para rematar a xornada, celebrarase un xantar no restaurante Fogón de Cereixa.

 

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...