HomeCulturaFoliadas guímaras e charlas sobre o entroido na Pobra do Brollón

Foliadas guímaras e charlas sobre o entroido na Pobra do Brollón

Charla 'Desenmascarando o Entroido' este venres 10, ás 20:15 na Casa da Cultura 'Olga Novo'. E o sábado, 11 de febreiro, no local social de Saa comezan as foliadas guímaras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Volven as foliadas guímaras, que organiza o Concello da Pobra do Brollón dende o ano 2019 en colaboración cos veciños das distintas parroquias do municipio.  A primeira do ano 2023 será este sábado no local social de Saa. Ás 20:00 h será a actuación Bouba, un grupo de tocadoras e cantadoras que toman o legado musical do lugar da Pontraga, concello de Tordoia, para “ser transmisoras da cultura do país e da festa ben feita”. 

Para o concerto en Saa, van interpretar temas do seu último proxecto “Termando dos marcos”, centrándose no seu vertente máis festeiro e distendido. Tras a actuación de Bouba, os veciños de Saa convidarán a un caldo, para o que piden aos asistentes ao evento levar cunca e culler. Despois do caldo, un segundo pase de Bouba abrirá paso á foliada libre.

Por outra banda, o ciclo de charlas ‘Desenmascarando o Entroido’ segue este venres cunha exposición e conversa co artesán de máscaras de entroido, X.M. Seixas.

O vindeiro venres 17 será a última charla, a cargo do investigador local Felipe Castro, que falará sobre o Oso de Salcedo e outras tradicións desta parroquia da Pobra do Brollón. As charlas son ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Magosto, micoloxía e teatro en Pantón

Este sábado, 8 de novembro, o Concello de Pantón celebra no Pavillón Municipal un...

XXXVI Festa da Castaña do Courel

En tempo de magostos, a Festa da Castaña do Courel é xa un referente...

Ata o 21 de novembro pódense solicitar axudas á creación de empresas en Monforte

As solicitudes poderán presentarse ata oi 21 de novembro, mediante modelo normalizado, no Rexistro...

“Pura”, curta gañadora dos últimos Mestre Mateo, proxéctase este 7 de novembro en Quiroga

A curta, dirixida por Carmen Méndez, narra a historia dunha muller que volve á...