HomeMedio ambiente e PatrimonioNovos descubrimentos arqueolóxicos no Castro de Formigueiros, no concello de Samos

Novos descubrimentos arqueolóxicos no Castro de Formigueiros, no concello de Samos

O castro de Formigueiros está situado na Serra do Édramo, concello de Samos, é un importante asentamento castrexo, caracterizado por unha impoñente muralla pétrea, con torreóns, e un complexo sistema defensivo formado por foxos e parapetos.

Publicado o

- Advertisement -

O castro conta cunha interesante arquitectura doméstica, con casas formadas por unha ou dúas habitacións, con tellados de lousa. Nel apareceron gravados de peixes e cabalos nas lousas do pavimento dunha praciña, e de laberintos en diferentes contextos. Está documentada a ocupación dende o século III a.C a mediados do século I da nosa Era.

Os traballos de escavación que se desenvolven permitiron descubrir ao completo a estrutura de dúas casas e avanzar no coñecemento do xacemento. Unha das casas estaba parcialmente enterrada, mentes que na outra derrubouse un muro de construción tardía (tardorromana ou medieval) que estaba superposto á vivenda castrexa orixinal. Esta actuación permite observar o conxunto, un edificio de planta rectangular con dúas construcións anexas circulares. Resta aproximadamente unha semana de traballo que se centrará na consolidación das dúas vivendas e doutros elementos puntuais.

O proxecto permite mellorar a percepción do xacemento, que agora mostra completamente ao descuberto cinco vivendas datadas en torno ao cambio de Era (entre o século I antes e despois de Cristo), todas cos seus anexos ou ampliacións, tanto en planta circular como rectangular.

Ademais, estase completando a documentación fotogramétrica de todo o proceso, que xunto cos datos recollidos en campañas anteriores servirá para a elaboración dunha aplicación informática que ofrecerá unha visita virtual coa posibilidade de comprender as sucesivas fases de descubrimento do castro, as escavacións e consolidacións acometidas ata chegar ao estado actual. A Consellería investiu preto de 15.000 euros neste traballos de excavación.

 

 

ÚLTIMAS

BNG e PP denuncian o estado da N-120 e esixen a súa reparación urxente

O BNG de Monforte reclamará un calendario de obras con dotación real e actuacións...

Convócase o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

O premio pretende estimular a creatividade das persoas participantes, sendo o cartel unha peza...

Presentación do novo libro do escritor Armando Requeixo,’Literatura insólita’

Publicado pola Editorial Galaxia, Literatura insólita reúne unha escolma de artigos nos que o...

O Entroido Ribeirao a exposición na Casa da Cultura de Chantada durante este mes

A Casa da Cultura de Chantada acolle durante todo o mes de febreiro unha...