HomeCultura19 nomes no cartel do Esmorga Fest que se celebra en Sarria...

19 nomes no cartel do Esmorga Fest que se celebra en Sarria o 19 e 20 de maio

O Esmorga Fest anuncia o seu cartel completo con todos os nomes dos artistas e bandas que actuarán na oitava edición deste festival underground.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Reino Unido e como primicia en España dará o seu primeiro concerto unha das bandas emerxentes con maior progresión dos últimos anos: bdrmm. Last Days of April (Estocolomo), achegará toda a madurez dunha banda icona no movemento indie pop a nivel europeo. Los Punsetes (Madrid) estarán a tocar o sábado 20 de maio no escenario “Son Estrella Galicia” representando unha das máis importantes bandas do noso país no rock independente.

Máis nomes como Toundra, unha das mellores bandas do post-rock a nivel europeo xunto con First Breath After Coma (Portugal), o pop de Grande Amore, o techno de Cora Novoa e así ata 19 nomes, todos eles punteiros dentro dos estilos underground e independente que acompañan ao festival desde fai xa case unha década.

“A venda de entradas, que mantén un prezo “low-cost” de 40€ os dous días, mantén moi bo ritmo e augura o soldout a falta dun mes para a celebración do evento,” aseguran desde a organización.

A organización do festival móstrase moi agradecida co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, SON Estrela Galicia e o Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...

A Rede Museística Provincial presenta o material filatélico que entrará en curso o 18 de decembro, Día Internacional da Persoa Migrante

A emisión, que conta coa colaboración da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), incluirá...