HomeCulturaMonforte celebra Os Maios o día 3

Monforte celebra Os Maios o día 3

O vindeiro mércores 3 de maio o Concello de Monforte de Lemos celebra un ano máis o tradicional concurso dos Maios. Como en anos anteriores, a concentración dos Maios e a lectura das coplas será na praza de España ás 17:30h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Monforte de Lemos celebra o día 3 de maio o comezo da primavera coa exaltación da natureza que vestirá as rúas de Monforte de cor e adornos florais. O pasado ano, a iniciativa resultou un éxito coa participación de 15 concursantes que tras percorrer varias rúas de Monforte, xuntáronse na Praza de España onde interpretaron as coplas preparadas para a ocasión. O obxectivo é que este ano se poida repetir a alta participación do ano 2022.

As solicitudes para a inscrición no concurso non competitivo dos maios, así como das coplas, deberán presentarse para a súa participación no Rexistro Xeral do Concello de Monforte antes do 2 de maio ás 14:00 h.

Os Maios sairán a percorrer as rúas da cidade libremente e xuntaranse na Praza de España ás 17:30 horas, onde se interpretarán as coplas. O xurado valorará a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade e os materiais utilizados. Os premios serán por participación e terán todos unha contía de 75€.

ÚLTIMAS

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...