HomeCultura"Conversas arredor do galego" este 28 de abril ás 20.00h no Ateneo...

“Conversas arredor do galego” este 28 de abril ás 20.00h no Ateneo Casino

A MESA Pola Normalización Lingüística organiza, co apoio da súa delegación na Zona de Lemos e a colaboración do Ateneo Casino de Monforte, unha sesión aberta para falar sobre o traballo que realizan e para coñecer as inquedanzas da poboación arredor do noso idioma.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita este venres, 28 de abril, no salón de actos do Ateneo Casino ás 20:00 h. Participarán Marcos Maceira, presidente da MESA, e Xosé Manuel Fernández, responsable da asociación na Zona de Lemos. A continuación abrirase un coloquio no que intervirán todas e todos os presentes que queiran comentar, achegar ou propoñer difrerentes cuestións arredor da nosa lingua.

Baixo o título “Conversas arredor do galego” estanse creando foros para a divulgación do traballo que está a facer a MESA por todo o país como asociación, e tamén para crear un punto de encontro para o debate con todas aquelas persoas que simpaticen coa defensa dos dereitos lingüísticos do galego.

Aproveitando esta sesión farase tamén un avance dos actos para o 17 de maio en Monforte, Día das Letras Galegas.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...