InicioCultura“Música de raíz” nos centros educativos do sur da provincia a través...

“Música de raíz” nos centros educativos do sur da provincia a través de representacións didácticas

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo levará a centros educativos das comarcas do sur e da montaña as representacións didácticas “Música de raíz”, na que as nenas e nenos poderán achegarse á variedade instrumental e cultural da musica tradicional da man do gaiteiro, artesán e investigador da cultura tradicional, Xavier Blanco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área de Cultura impulsa estas sesións que se iniciaron a pasada semana nos colexios de Triacastela, Samos e Folgoso do Courel, e que continuarán nas vindeiras semanas no CEIP da  Pobra do Brollón (2 de maio), CEIP Virxe do Carme de Sober (3 de maio), CEIP Xosé Luis Taboada de Carballedo e CEIP Eloisa Ribadulla de Chantada (5 de maio), CPI Dr. López Suárez do Saviñao (8 de maio), CEIP Monte Baliño de Pantón (22 de maio), CEIP Rosalía de Castro de Bóveda (24 de maio), CEIP A Gándara e CEIP Monforte (25 de maio), CEIP San Clodio de Ribas de Sil e CEIP de Quiroga (29 de maio).

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, valorou “o dinamismo das sesións nas que se presentan os instrumentos e ritmos tradicionais como a raíz e a fonte de inspiración da música actual”. As sesións céntranse na demostración práctica da riqueza e variedade instrumental e cultural da música de raíz. Dun xeito activo e participativo, Xavier Blanco da Fundación Legar, realiza un percorrido pola historia da música de raíz, desde os instrumentos primixenios, confeccionados con elementos da natureza (asubios, chamos, cordeiras,…) ata os instrumentos propios da música tradicional (gaita, pandeireta, zanfona, …). Acompaña ese percorrido dun repertorio que amosa a evolución dos xéneros musicais, desde a muiñeira antiga ata o paso redondo e o trastrás.

As sesións teñen unha duración de 90 minutos e están estructuradas en 3 partes:

  • Instrumentos da memoria. Instrumentos primixenios confeccionados con elementos que se atopan virxes na natureza: asubíos, chamos, cantores, toques e pequenas percusións e cordeiras.
  • Instrumentos pobres. Útiles relacionados cos traballos e labores cos cales xa os nosos antepasados, especialmente as clases máis humildes, facían música. Se nun principio parece que a súa función musical estaba destinada a acompañar o ritmo do traballo para facelo máis levadeiro, a súa denominación indica máis ben que eran moi empregados no eido das clases máis humildes. Como a falla de recursos económicos imposibilitaba moitas veces facerse con instrumentos convencionais, había quen botaba man deles para satisfacer as súas necesidades musicais. Trátase así de instrumentos confreccionados con elementos domésticos (muíño de café, culleres, cuncas, tíxola, vasoiras, cántaro), con ferramentas do campo ( legóns, fouce, guadaña, angazos, forquillas) e cos oficios (serra, tesoira, caxato, martelo e cincel, incre, peneira, cestas,).
  • Instrumentos comúns. Representan actualmente a nosa música tradicional: vento (gaita, requinta, flautín e pito), percusión (tambor, bombo, pandeiro, pandeireta) e corda (zanfona).

X

ÚLTIMAS

31 da Feira do Viño de Vilachá na primeira fin de semana de maio

Esta edición manterá tamén outro dos cambios dos últimos anos: a creación de dous...

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...