HomeCulturaPresentación do libro “Aquí non pasa nada” con concertos en Sarria, Chantada...

Presentación do libro “Aquí non pasa nada” con concertos en Sarria, Chantada e Monforte de Lemos

O músico Juan Castro Lodeiro presenta este xoves en Sarria o libro “Aquí non pasa nada. Historias musicais de Lugo”, editado coa colaboración do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Aquí non pasa nada. Historias musicais de Lugo” é unha publicación que recolle a historia da creación musical na cidade e na provincia deténdose en músicos, bandas, locais e festivais que protagonizaron a vida musical de Lugo nas últimas décadas.

A presentación, ás 20.00 horas na casa da cultura,  contará coa actuación do grupo sarriao, Malditos Roedores, formado por Olalla Losada, Noelia González e Nerea Iglesias, nas voces, e Borja López, na guitara. Formando parte da escena musical dende fai anos, o grupo ofrece un repertorio de versións do máis ecléctico, indo dende o soul de Stevie Wonder á canción brasileira ou popular galega.

O acto forma parte dunha xira de presentacións concerto promovidas desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo para contribuír a difusión da publicación e apoiar a músicos e grupos locais. Lugo, Foz e Vilalba foron as primeiras paradas. Chantada e Monforte de Lemos darán continuidade a este ciclo co que se programan actuacións de grupos locais de referencia en cada comarca:

  • 5 de maio en Chantada. Auditorio Municipal de 20.00 a 21.00. Actuación Tirapralá
  • 6 de maio en Monforte de Lemos. Ateneo Casino. 13.00 a 14.00. Set acústico Gin Tonic ́s

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...