HomeCulturaSober inaugura en xullo "Anhelos", mostra fotográfica sobre a deconstrución da masculinidade...

Sober inaugura en xullo “Anhelos”, mostra fotográfica sobre a deconstrución da masculinidade tradicional

O Goberno local lanza este proxecto tras o éxito acadado pola exposición sobre a beleza real feminina ‘Inmarcesibles’. Neste caso, o propio alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, forma parte da mostra como modelo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober inaugura o próximo 14 de xullo, venres, ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Sober, a mostra fotográfica ‘Anhelos’ sobre a deconstrución da masculinidade tradicional. O Goberno local lanza este novo proxecto tras o éxito acadado pola exposición ‘Inmarcesibles’ sobre a beleza real feminina. No mesmo acto haberá unha actuación do cantautor, Emilio Rúa, e un percorrido para ver as fotografías.

A iniciativa está promovida polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober e pretende facer reflexionar sobre a necesidade de deconstrución do modelo de masculinidade dominante e sobre a necesidade de xerar novas formas de relación coas mulleres, vínculos máis libres para ambos e afastados do que a sociedade patriarcal nos inculcou e nos vendeu como “normal”.

Así pois, as impulsoras do proxecto consideran “necesario que os homes leven a cabo unha reflexión sobre a súa identidade e sobre a súa capacidade de transformación social, que sexan conscientes de que o proceso de socialización os envía e os sitúa baixo un modelo dominante de masculinidade tradicional asentado e reforzado por un sistema patriarcal férreo”.

“Son mandatos que non lles deixan espazo para realizarse a eles mesmos, pois indícanlles como teñen que ser e como han de actuar, cadeas inxustas que os envolven limitando a súa existencia, dificultándolle, tamén, ter relacións xustas e igualitarias coas mulleres”, apuntan.

As fotos

Con este obxectivo, empregouse a fotografía contando novamente coa profesional María Fernández. A exposición conta cun total de 19 fotos, nas que aparecen, de forma voluntaria, 41 persoas -34 homes e 7 mulleres-, entre os que se atopa o alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián.

A maior parte dos modelos son da zona de Sober e arredores, aínda que tamén hai participantes doutras provincias galegas e incluso estranxeiros que quixeron colaborar de xeito desinteresado coa iniciativa.

Ao igual que a mostra ‘Inmarcesibles’, esta exposición fotográfica será itinerante, polo que se trasladará por aqueles concellos e institucións que están interesados na súa proxección. Inicialmente estará no Centro Sociocultural de Sober os meses de xullo e agosto.

Esta actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, dentro das transferencias para o desenvolvemento de novas e ampliadas competencias reservadas as entidades locais no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...