HomeCultura“Da Escola á Granxa” con alumnado e empresas do sur da provincia

“Da Escola á Granxa” con alumnado e empresas do sur da provincia

Medio Rural da Deputación de Lugo financiará 106 obradoiros e visitas a granxas e proxectos de emprendemento no rural no marco da segunda edición do programa “Da Escola á Granxa”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este programa de actividades, pensado para achegar as novas xeracións ao rural, amosando a importancia do sector primario para a produción de alimentos saudables, a conservación do medio ambientes e da cultura tradicional chega na zona sur da provincia a Anpas da Pobra do Brollón, Triacastela, Oural (Sarria), Samos, O Páramo, Pantón, O Incio, Taboada, Bóveda, Monforte de Lemos e Paradela.

As anpas elixiron nun amplo catálogo educativo que inclúe 29 granxas, repartidas por toda a provincia, con actividades diversas, desde a produción de froita e produtos de horta ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos e marmeladas, ademais de obradoiros de educación ambiental impartidos pola asociación ecoloxista Adega nos propios centros.

A deputada, Mónica Freire agradece a colaboración das granxas e producións agroalimentarias que participan no programa, que este ano contaba con novas incorporacións respecto a edición pasada, como Galletas Daveiga de Chantada, Gandería Quintián do Páramo, Granxa Aeiroá de Láncara e SAT O Palomar de Láncara, que participaron por primeira vez nesta edición. Súmaronse a outros proxectos que xa recibiron visitas na pasada edición na zona sur da provincia como: Airas Moniz de Chantada, Caurelor de Quiroga ou A Casa da Fonte de Pantón.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...