HomeCulturaEste 11 de agosto Taboada abre as Patronais coa Festa da Mocidade

Este 11 de agosto Taboada abre as Patronais coa Festa da Mocidade

Tiam GZ, Tecor Societario e DJ Misa actuarán no Campo da Feira a partir das 23.30 horas deste venres, 11 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Taboada celebra este venres a Festa da Mocidade, que abre o programa das Festas Patronais cunha ampla axenda de actuacións e actividades do 11 ao 15 de agosto, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A deputada de Cultura Iria Castro, o concelleiro de Cultura, Deporte e Medio Rural, Manuel Diéguez, e a concelleira de Igualdade, Benestar e Sanidade presentaron este semana o cartel da xornada, con concertos  do grupo chantadino de rap Tiam GZ, dos composteláns Tecor Societario e de DJ Misa (Claudia Quintela) no Campo da Feira, que abrirá as 21.30 con postos de bebida e comida. Durante a tarde, haberá unha ruta polos bares da vila.

Iria Castro valorou que “as festas patronais acollan programacións coma esta, na que se amosa a música que se está facendo en galego, en diferentes estilos” e desexou boas festas á veciñanza de Taboada.

O concelleiro de Cultura, Deporte e Medio Rural Manuel Diéguez explicou que “este ano asumimos o reto de organizar as festas patronais por primeira vez de forma directa. En pouco tempo posto que o actual goberno botou a andar hai menos de dous meses, polo que queremos agradecer a colaboración da veciñanza e dos negocios de Taboada, así como o traballo do persoal do concello e a colaboración das institucións para sacalas adiante”

“Fixemos un programa pensando en toda a veciñanza. Con propostas e música para todos os públicos e gustos, desde os grupos que actuarán na Festa da Mocidade ata as orquestras da verbena. Son unhas datas para celebrar o que nos une como concello, coas persoas que queremos, veciños, visitantes e amigos”.

O mesmo venres, durante a tarde, haberá actividades para público infantil na Alameda: un espectáculo de Novo Circo e clown con Letriska Inmobile e atraccións gratis para rapazas e rapaces menores de 16 anos. O sábado, 12 de agosto, actuará a Banda EGS de Lugo (13.30 horas) e a verbena contará coa orquestra Ritmo Joven.

O domingo, 13 de agosto, actuarán Xograres de Lemos ás 13.30  e haberá verbena coa orquestra Tatto. Na xornada do 14 de agosto celebrarase na Medela a Festa do Óso coa actuación da charanga De Bande e festa da escuma e xogos na auga. A partir das 23:00 celebrarase na Alameda o Milagriños Fest, coas actuacións de Color Carne, Mügre, Nacarúh e Sebusca.

O remate á Festa dos Milagres porase o martes, 15 de agosto, co Festival Internacional con actuacións de Pom´Kanel (Martinica) e Rechouchíos a partir das 20.00 horas.


ÚLTIMAS

Unha ‘gran fonte’ transformará o Parque dos Condes de Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar un novo proxecto para a cidade. Trátase...

A fábrica de cemento Oural, Premio Excelencia Química Empresarial de Galicia 2025

Este premio, o maior recoñecemento na comunidade autónoma galega ao sector da Química Empresarial,...

80.300€ no reforzo do firme da avenida de Becerreá, en Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias visitou a localidade para comprobar a marcha...

Dobre sesión de teatro este 30 de outubro na Casa da Cultura e no Edificio Multiusos de Monforte

A primeira cita terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura, ás...