HomeCulturaEste 12 de agosto ás 20:30 preséntase no Centro do Viño da...

Este 12 de agosto ás 20:30 preséntase no Centro do Viño da Ribeira Sacra o último libro de Margarita Rodríguez Otero

O libro, titulado, "Galicia vence a Napoleón. A incrible fazaña do pobo galego que en seis meses venceu e expulsou da súa terra ás tropas francesas", edítao Agrasar Editores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Galicia vence a Napoleón. A incrible fazaña do pobo galego que en seis meses venceu e expulsou da súa terra ás tropas francesas” é un apaixonante relato fundamentado nun intenso traballo de investigación nas máis importantes fontes documentais do país e nunha extensa e documentada bibliografía.

Foi en Galicia onde se empezaron a formar as primeiras partidas de homes que, obrigados a abandonar vilas e aldeas ante a presenza do invasor, acosaron constantemente ás tropas francesas ata expulsalas destas terras.

Margarita Rodríguez Otero dedica a súa novela a estes heroes anónimos que entregaron a súa vida por defender a dignidade da súa terra. Sorpréndenos a autora cunha intelixente trama sentimental na que, por azar, – no transcurso dunha viaxe ao Monforte dos nosos días -, entrecrúzanse vellos e amargos recordos de infancia do seu protagonista, nos duros anos corenta de posguerra, co achado dun vello manuscrito, no que se describen as vivencias dun escribano recrutado como intérprete nas lexións francesas. Este manuscrito, esquecido moitos anos no faiado dunha casa en Carcasonne, describe o paso das tropas francesas por Galicia e en especial, polas terras de Lemos e, aínda sen pretendelo, convértese nunha documentada crónica dos horrores da guerra. O paso das tropas francesas por Monforte de Lemos, na primavera de 1808, deixou pegadas indelebles no patrimonio cultural e no imaxinario dos monfortinos. Margarita Rodriguez Otero lévanos polos acontecementos que fixeron de Monforte a poboación máis castigada polas tropas invasoras ao seu paso por Galicia.

ÚLTIMAS

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...