HomeCulturaMáis de 7.000 persoas na cuarta edición do Trece Roeis

Máis de 7.000 persoas na cuarta edición do Trece Roeis

Os días 18 e 19 de agosto, Pantón acolleu a cuarta edición do Trece Roeis Fest, ao que se achegaron máis de 7.000 asistentes entre os dous días e unha veintena de artistas do panorama galego e español.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Catas de viño e degustacións gastronómicas, feiras de artesanía, actividades infantís e concertos foron algunhas das cousas das que puideron gozar as festivaleiras e festivaleiros que quixeron vivir a experiencia Trece Roeis. Entre as bandas e artistas, atopábanse SFDK, Reincidentes, Kaotiko, Lamatumbá, Benito Kamelas, os valenciás Auxili, Tribade, Catuxa Salom, Lucía Aldao, Sofía Espiñeira, Monoulious DOP, TIAM Gz, o leo de matamá, Uxía lambona e a banda molona, Tregua, Enxeito, Tirapralá, The Poet’s Silence ou os pasarrúas da man de Festicultores Troupe e Baturruka, que encamiñaron tanto o venres coma o sábado aos asistentes ao festival ata o espazo #ViveAexperienciaTreceRoeis, lugar de celebración dos concertos de noite.

Dende a asociación cultural Os Trece Roeis, explican que “levamos anos apostando por crear un espazo no que coexistan a música, con especial atención á música en galego, con outras formas de cultura e tradición, coma os obradoiros ou as catas dos viños da nosa Ribeira Sacra e os produtos locais, coa intención de que o festival, tamén sirva para dinamizar o rural”.

Esta cuarta edición puxo de manifesto que “esta aposta é acertada, xa que malia que as inclemencias do tempo forzáronnos a adaptar algunhas das actividades e que este ano era o primeiro no que había entrada cun custo simbólico de 30€ os dous días e 20€ un día, máis de 7.000 persoas viviron a experiencia, o que nos anima a pensar na celebración do noso quinto aniversario en 2024”, afirman dende a organización.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...