HomeCulturaAta o 7 de setembro prazo de preinscrición aberto na Escola Municipal...

Ata o 7 de setembro prazo de preinscrición aberto na Escola Municipal de Música “Samoeiro” da Pobra do Brollón

Como novidade, este ano a preinscrición pódese facer mediante un formulario en liña no que indicar ademais das clases, a preferencia horaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A preinscrición pódese facer na Biblioteca municipal en horario de 10:30 a 13:00h, ben por teléfono no 982430546 ou presencialmente (Casa da Cultura ‘Olga Novo’, 2ª planta). Ademais da opción online neste enlace https://forms.gle/MSF8QT6KwBe6TMjKA.

Ofértanse clases de baile tradicional, canto e pandeireta, gaita, clarinete, saxofón, tambor, bombo, guitarra, baixo, ukelele, banjo, piano, acordeón ou coral.

Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, abrirase o prazo de matrícula e de pago. Os prezos terán un pequeno incremento para adaptalos á subida do IPC. Así, a matrícula nunha materia para persoas empadroadas na Pobra do Brollón terá un importe de 110€ para o curso completo. Para persoas non empadroadas, será de 130€. Por cada materia adicional, tanto empadroadas como non empadroadas deberán aboar 60€.

ÚLTIMAS

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...