HomeCulturaA curta monfortina ‘La chica de la ventana’ gañadora nun festival internacional

A curta monfortina ‘La chica de la ventana’ gañadora nun festival internacional

A peza audiovisual foi realizada por alumnado do Colexio Escolapios de Monforte e titorizada polo profesor Javier Saco. O certame no que participaban é o prestixioso ‘Emove’.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

‘La chica de la ventana’ é unha curtametraxe que nace como actividade formativa que desenvolve o profesor do Colexio Escolapios de Monforte Javier Saco dentro do proxecto educativo ‘El rincón de Leonardo’.

Segundo reza na web do devandito proxecto, “La chica de la ventana é unha denuncia contra o racismo e a intolerancia, onde a creatividade preséntase como alternativa para dignificarse, potenciar a autoestima e fortalecerse diante do acoso escolar. É tamén un tributo póstumo á profesora Beatriz Pérez”.

O protagonista da curta. Foto: Colexio Escolapios.

Esta obra audiovisual foi creada no 2022, presentada na 8ª edición do Fancine de Lemos e no Camiño Creativo de Santiago e gañadora do II Certame Cineduca do Ateneo de Santiago. Tras estes recoñecementos, agora vén de gañar o VIII Festival Internacional Escolar e Universitario das Artes Audiovisuais —Emove Festival— na categoría de 2º ciclo de ESO.

O profesor Javier Saco Fernández, encargado de titorizar esta curtametraxe, está de novo incluído entre os mellores profesores de España, ao formar parte da lista de 10 candidatos aos premios Educa Abanca en Secundaria e Bacharelato. É o único de Galicia seleccionado nesta categoría.

ÚLTIMAS

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...

CCOO e Esperta Monforte denuncian que o concello contratara a “unha empresa pantasma” para o servizo de limpeza dos colexios públicos

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO Lemos ve con preocupación que a...

Adif remata un paso superior en Bóveda que permite eliminar tres pasos a nivel

A nova infraestrutura dá continuidade á estrada LU-P-2910, que comunica os núcleos de Bosende...

Representacións teatrais, un novo club de lectura e actividades nas parroquias para a programación do Outono Cultural de Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil vén de fai pública a súa programación cultural...