HomeCultura"Inseguridade social" do grupo Teatreiras de Monforte, o 18 de novembro na...

“Inseguridade social” do grupo Teatreiras de Monforte, o 18 de novembro na casa da cultura

O salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá o sábado, 18 de novembro, a partir das 8 da tarde unha representación teatral con entrada libre e gratuíta dirixida a todos os públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó segundo semestre deste ano 2023. A cita deste sábado será coa obra “Inseguridade social” por conta do grupo monfortino de teatro Teatreiras.

Este ano o elenco de Teatreiras inclúe actores e actrices de entre 9 e 80 anos; para algún e algunha é a súa primeira experiencia na escena teatral. Actuarán así Alexandra Georgiana, Sofía Rodríguez, Antía Quiroga, Sergio López, Pilar Cambón, Mª Clarisa Mira, Anxo González, Yasmina Iglesias, Noelia Pastor, Rita Aira, Dorinda Veiga, Iago Fernánde, Gloria Guerrero, Mª José Abeledo, Lucía Felpeto Santero e Andrea Abeledo. A montaxe, coordinación e dirección é de Francisca Abeledo.

Inseguridade social é unha versión libre da comedia “Inseguridad social” de Albert Villaró, que foi traducida ao galego e adaptaba pola coordinadora e directora do grupo Teatreiras para os participantes neste curso 2023, coa intención de que as persoas participantes poidan disfrutar e aprender lúdicamente da experiencia teatral.

A peza narra con moito humor as peripecias, equívocos e disparates que se van sucedendo na recepción dun hospital. Por alí pasarán personaxes moi diversos que acabarán revoltos no desenlace final: servizo de limpeza, enfermeiras e enfermeiros, doutoras e doutores, psiquiatra, administrativas, varias pacientes e impacientes e un visitador médico particularísimo. Todas e todos contarán a súa versión e o público verá que… todo é posible.

A seguinte obra programada polo equipo de goberno do concello de Monforte, dirixida para todos os públicos, será A autopista de Argalleiras-Chantada que terá lugar o sábado, 25 de novembro, na Casa da Cultura ás 20:00 h, sendo a entrada gratuíta. Esta peza está dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...

“Habilidades e competencias para o emprego”, do 15 ao 17 de outubro no Centro Cívico de Monforte

Enmarcada no programa ALICIA-Activando la Igualdad, a actividade lévase a cabo en colaboración coa...

47 empresas lucenses benefícianse do programa Emega que impulsa o emprego feminino

Os deputados populares salientaron en Paradela que un total de 47 empresas da provincia...