HomeCulturaTeatro este 23 de novembro no Multiusos de Monforte con "Unha inimiga...

Teatro este 23 de novembro no Multiusos de Monforte con “Unha inimiga do pobo”

Dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, este xoves, 23 de novembro, ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra para adultos "Unha inimiga do pobo", da compañía Talía Teatro. Esta obra estaba programada para o pasado 26 de outubro, pero por causas alleas ó Concello, tivo que ser aprazada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha inimiga do pobo, da compañía Talía Teatro é unha obra escrita por Henrik Ibsen, dirixida por Tito Asorey e cun elenco artístico formado por Toño Casais, Diego Rey, Marta Ríos, Dani Trillo, Artur Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Marta Lado e María Ordóñez.

Trátase da adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois da súa creación, o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material inflamable para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, ao tempo que permite reflexionar sobre o poder dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública e colocala no lugar no que ao poder lle interesa. A rabiosa actualidade do texto próbase ao descubrir como os problemas incipientes que o protagonista afrontaba no século XIX volvéronse máis profundos e daniños no século XXI.

A seguinte obra dirixida para todos os públicos, será A autopista de Argalleiras-Chantada que terá lugar o sábado, 25 de novembro, na Casa da Cultura ás 20:00 h, sendo a entrada gratuíta. Esta peza está dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...