HomeCulturaEste día 9, Cantos de Taberna na Pobra do Brollón, Salcedo e...

Este día 9, Cantos de Taberna na Pobra do Brollón, Salcedo e Cereixa

Este sábado, 9 de decembro, chegan os XI Cantos de Taberna da Pobra do Brollón coa participación de catorce grupos que circularán polos seis bares do municipio, repartidos entre A Pobra do Brollón, Salcedo e Cereixa

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento comezará ás seis da tarde e rematará o circuíto ás once da noite coa idea de que a festa continúe cunha “foliada expansiva” polos bares. “Este ano cambiamos o acto final na Casa da Cultura por un remate máis orgánico para facilitar que continúe o ambiente festeiro nos locais de hostalería,” explica o alcalde, Xosé Lois Maceda.

O circuíto dos Cantos de Taberna está pensado para que todos os grupos participantes pasen por todos os bares: Avenida, Bar Pirata, Primeiro de Maio e A Vella Taberna na Pobra do Brollón; O Fogón en Cereixa e Salanova en Salcedo.

Participan catorce grupos, cun aumento no número de formacións locais, sendo sete procedentes do concello, e o resto de diferentes lugares de toda Galicia. Como novidade deste ano, incorpórase a formación Son do Brollón, composta por nenos e nenas da Escola municipal de Música Samoeiro. 

“É un orgullo presenciar cada ano o éxito de participación e a grande acollida dos nosos Cantos de Taberna, e nesta edición especialmente emocionante ver ás novas xeracións motivadas para unirse á celebración da nosa cultura musical popular,” comenta Maceda en referencia ao grupo Son do Brollón.

Dende o Concello da Pobra do Brollón lembran ademais que continúa o Concurso de Tapas da Guimaralia, sendo este venres, 8 de decembro, o último día para degustalas e participar na votación popular.

ÚLTIMAS

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...