Tras o xoves de compadres e o xoves de comadres, nos que cada ano a participación dos veciños e veciñas é maior. O concello de Sober celebra o día 10 de febreiro o desfile de comparsas con premio para todas as participantes, un premio á máis numerosa e catro premios ás mellores comparsas. Haberá un total de 1.800€ en premios.
Unha vez rematado o desfile, que comezará ás 17:00, haberá música, inchables e xogos no pavillón do CEIP Virxe do Carme.
Ás 20:00 comezará o XVI Baile da Cachucha, ademais de degustación de viño e cachucha, tamén se premiarán aos mellores disfraces.
