HomeCultura“Foto Nuevo. Unha ollada cara ao pasado”, inaugúrase este venres ás 19:00h...

“Foto Nuevo. Unha ollada cara ao pasado”, inaugúrase este venres ás 19:00h na casa da cultura de Monforte

Esta exposición, foi posible logo das xestións levadas a cabo polo executivo de José Tomé, coas fillas de Javier Nuevo, María Carmen e Isabel Nuevo Núñez. O alcalde de Monforte agradece ás fillas de Javier Nuevo, María Carmen e Isabel Nuevo Núñez, a cesión gratuíta "deste material de valor histórico, que enriquece a historia de Monforte”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres, 23 de febreiro, ás 7 da tarde, José Tomé Roca, inaugura na casa da cultura, a exposición sobre o traballo fotográfico de Juan e Javier Nuevo, que foron unha referencia no retrato social e de época durante gran parte do século XX na cidade, rexentando durante anos o establecemento de fotografía Foto Nuevo.

Esta exposición sobre o material fotográfico cedido, que leva por título “Foto Nuevo. Unha ollada cara ao pasado”, permanecerá aberta na Casa da Cultura dende este venres 23 de febreiro e ata o 20 de marzo de 2024.

A mostra estará composta por máis de 60 fotografías en distintos tamaños, que abordarán fundamentalmente 4 temáticas: rúas e monumentos de Monforte, fotografías de sociedade, relixiosas, e instantáneas utilizadas para elaborar postais.

“Son series fotográficas”, destaca o alcalde, “que constitúen estampas do quefacer diario dos barrios, das rúas e dos monumentos de Monforte de gran parte do pasado século XX”. Destacan, neste aspecto, as fotografías do Colexio de Nosa Señora da Antiga, do Conxunto monumental de San Vicente do Pino, da Ponte Vella ou do río Cabe.

Na cesión levada a cabo por María Carmen e Isabel Nuevo Núñez ó Concello monfortino, inclúense 276 fotografías dixitalizadas, 19 placas de grafía en negativo de cristal, 179 negativos fotográficos de diferentes tamaños e 2 carretes fotográficos revelados con 60 negativos, cun total de máis de 500 fotografías.

José Tomé “anima tanto ós monfortinos e monfortinas, como aquelas persoas que nos visiten a que acudan a visitar esta exposición porque descubrirán a través dela como era o Monforte de principios e mediados do século XX, como era a sociedade e os seus costumes e tradicións, en definitiva, como era o noso pasado recente a través do ollar dos fotógrafos Juan e Javier Nuevo”.

ÚLTIMAS

Pantón inaugura 3 días de Mostra de Viños con carpa contra a chuvia

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, participou no acto de inauguración no...

Presentación literaria de ‘María Hesse’ na adega Regina Viarum

A adega Regina Viarum, no corazón da Ribeira Sacra, será o escenario dunha nova...

Medio Rural pon en valor a aposta de Daveiga pola innovación e a transformación dos produtos agrarios

Nesta visita, a conselleira salientou a aposta pola innovación e transformación desta empresa que...

Máis de 200 actividades formativas no IV programa “Da Escola á Granxa”

O deputado, Daniel García, achegou estes datos sobre a cuarta convocatoria do programa nun...